PROBA EN GALEGO 2014/2015

Pero ti, a quen lle vendes? E por que non probas a facelo en galego? O galego tamén vende. Non é mellor nin peor que outras linguas, pero é a nosa. Por que non o intentas? Desta volta, mellorar a comunicación da túa empresa ten premio!

PERO, QUE É?

Proba en Galego é unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa, como marca de identidade, calidade e proximidade. Esta iniciativa dálle continuidade ao labor que desenvolve o Concello de Pontevedra para visibilizar e incrementar o uso da lingua galega no sector económico, con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006. Preme aquí para saber máis.

E O PREMIO?

Ademais de mellorar a comunicación da túa empresa, se culminas con éxito a primeira fase da campaña poderás beneficiarte dun premio valorado en 500 euros. Se tamén culminas a segunda fase do programa, recibirás un segundo premio valorado en 600 euros como máximo. Pincha aquí para ver en detalle en que consisten os premios.

O DECÁLOGO

Formar parte de Proba en Galego é moi sinxelo: simplemente abonda con cumprir un decálogo de compromisos coa nosa lingua, divididos en dúas fases. Infórmate sobre o decálogo de compromisos.

PODO PARTICIPAR?

Se tes unha empresa ou negocio no Concello de Pontevedra e queres mellorar a túa comunicación xa case o tes todo feito. Mira aquí cales son todos os requisitos para participares.

COMO ME INSCRIBO?

Sentímolo, o prazo de inscrición para esta edición xa rematou. :(